martes, 31 de marzo de 2009
lunes, 30 de marzo de 2009
sábado, 28 de marzo de 2009
GOLEADA DO SAN ROMAN
O resto dos goles foron obra de Marcelino, que marcou de cabeza a saida dun corner botado por Ruben, o segunfo de Alex por toda a escuadra, despois de regatear a dous adversarios, este e o Alex que queremos ver sempre, agresivo e descarado pero, un cacho de pan. O terceiro de Ruben mediante unha falta, o cuarto de Iago nun contraataque e o quinto e sexto, xa comentados, de Oscar e Jose respectivamente.
Tamen hai que resaltar a forma extraordinaria na que se atopan os porteiros, Mauricio e Fran, que xogaron unha metade do partido cada un, cun par de extraordinarias paradas, o que deu o equipo calma e seguridade. Con este bloque e traballando asi podemos aspirar a todo, incluso Vicente Del Bosque pode coller ideas e cambiar impresions con Juan, o noso mister, que seguro que ten moitas ideas para mellorar a seleccion e senon, estou segura que lle acaba vendendo unha de esas maquinas tan guapas que ten, esas que purifican a auga e pon os xogadores da seleccion a tope, o mellor este e o segredo do San Roman, ¿beberan auga purificada por Juan?. Alguns entrenadores de primeira division danlle os xogadores papillas especiales para que rindan a tope, ¿sera para o San Roman a auga purificada o mesmo que para estes a papilla?. Habra que poñer especial incidencia na observacion da auga do San Roman.
Con respecto o equipo do San Tirso, diremos que empezaron xogando ben e ordenados pero foi tal a superioridade do San Roman que os desestabilizou en todo momento e non tiveron opcions.
INCIDENCIAS:
- Mal tempo, polo que houbo poucos espectadores.
- O quinto e sexto gol foron obra dos irmans de Tuixe, Oscar e Jose, que tiñan a tarde inspirada, estiveron sobervios. No gol de Oscar, tamen participou Maikel, outro mais de Tuixe, polo que se viu era o dia dos rapaces de Tuixe, so faltou por marcar Victor.
FICHA DO ENCONTRO:
Dia: 28-03-09
Encontro: San Tirso - San Roman
Lugar: Rañobre
Resultado: 0-6
jueves, 26 de marzo de 2009
Proximo Partido
miércoles, 25 de marzo de 2009
RESULTADOS DAS ENCUESTAS
- O entrenador a pesar de que o 36 por cento dos encuestados opina q e un cheiñas , outro 36
pensa q o fai ben . Conclusion : O entrenador mola.
-Se ganamos a liga ide pensando na depilacion , en botarse unha auga ese dia para saca-lo mais
gordo . En fin , manter unha imaxe q esto veo moita xente e pode ser o comezo por exemplo
dunha carreira no porno dalgun ou de xiras do equipo cun show erotico-festivo polos
geriatricos do mundo mundial. XD!!
lunes, 23 de marzo de 2009
UN EMPATE QUE SABE A DERROTA
O partido pintaba ben, tarde soleada sen demasiada calor, bo día para a práctica e disfrute do fútbol pero como nesta vida non se pode ter todo, houbo que conformarse con ver un fútbol excaso pero con emoción e momentos estelares, por parte de ambos conxuntos. Podríamos decir que cada parte foi dun equipo, a primeira do San Román e a segunda do Lañas, eso si co permiso explicito do San Román, xa que desperdiciou varias ocasións para rematalo encontro, o que lle dou ánimos o Lañas, que a pesar de ir perdendo, nunca deixou de loitar e o final chegoulle a recompensa, o empate, en parte gracias os apáticos, estáticos e un pouco durmidos xogadores do San Román, polo que se viu relaxáronse despois da primeira metade, pareceulles que xa non había que facer máis, que o partido estaba sentenciado e no fútbol, iso nunca se pode pensar.
Por outra banda nos últimos intres do encontro, nun contraataque do San Román, Victor tivo unha clara oportunidade pero derribarono na área, no que creo eu que foi un penalti, pero o árbitro non o considerou así, de todas formas o empate foi un xusto resultado. Os goles do San Román foron obra de Victor, Rubén e Moisés.
Para rematar direi que a pesar de todo o San Román plantexará batalla para acadar o título de liga, quizáis non se consiga pero a unidade, o compañeirismo, amizade e valores do San Román xa son un triunfo en comparación os demais equipos, e segundo a miña humilde opinión, debería ser a envexa e o espello donde deberian mirarse a maior parte dos equipos. Animo rapaces, xuntos podemos.
INCIDENCIAS:
Ø Boa afluencia de público.
Ø Maikel xogou uns minutos, que lle axudaran a coller a forma despois de moito tempo no dique seco, xa que ainda reapareceu a semá pasada.
FICHA DO ENCONTRO
Partido: San Román - Lañas
Lugar: San Román
Día: 21-03-09
Arbitro: Salgado
Resultado: 3-3
MARIA J. ESMORÍS VEIRA
ULTIMISIMAS NOTICIAS
sábado, 21 de marzo de 2009
Ultimas e impactantes novas!
lunes, 16 de marzo de 2009
Proximo Partido
domingo, 15 de marzo de 2009
CRONICA DA XORNADA
O TARRO – SAN ROMÁN
RESULTADO:1-5
ARBITRO: Rey
O partido comezou cun cambio de escenario debido as adversas condición metereolóxicas, néboa, polo que se xogou en San Román, según dixo Miguel, xogador de O Tarro co dorsal nº 10, “puxemonos no centro do campo e no se vía a porteria”.
Antes de comezar o encontro gardouse un minuto de silencio polo falecemento do avó dun xogador de O Tarro. Empezou o partido, gol do San Román obra de Victor pero o pouco chegou o empate cunha xogada magistral de Miguel, o nº 10 de O Tarro, unha xogada digna de Messi, levou a tres defensas e despois bateu cun caño a Fran, que non puido facer nada para evitalo gol. O partido continuou co dominio do San Román e gracias a este dominio chegaron os goles, e así rematou o encontro cun resultado final de 5-1.
Os goleadores do San Román foron Víctor que fixo un had-trick, Marcelino, de cabeza e Zeus.
INCIDENCIAS:
• Pouca afluencia de público é de supoñer que influiu notablemente o cambio de campo no último minuto e o tempo tampouco axudou, xa que estaba un día desapacible.
• Nun lance do encontro Lekio sufriu un golpe no costado, o que lle provocou un pequeno mareo que nun par de minutos quedou subsanado.
• Zeus perderase o próximo encontro debido a acumulación de tarxetas.
• O próximo partido é contra o Lañas en San Román.
• Agradecerlle a Manolo de Xacobe que encendese os calentadores para que os rapaces se pudieran duchar en auga quente, gracias Manolo.
ALINEACIÓN DO SAN ROMÁN:
1- Fran (porteiro)
2- Alex
3- Oscar
5- Lekio
6- Zeus
10- Avelino
11- Victor
13-Rubén
14- Arturo
15- Cepeiro
16- Juan
19- Casillero
20- Marcelino
21- Jose
23- Maikel
Entrenador Juan Marta Esmorís
Tamén estiveron dando ánimos os seus compañeiros, Luis, Cerqueiro e Mauricio que por diversos motivos non pudieron xogar.
MARIA J. ESMORIS VEIRA.





