O partido pintaba ben, tarde soleada sen demasiada calor, bo día para a práctica e disfrute do fútbol pero como nesta vida non se pode ter todo, houbo que conformarse con ver un fútbol excaso pero con emoción e momentos estelares, por parte de ambos conxuntos. Podríamos decir que cada parte foi dun equipo, a primeira do San Román e a segunda do Lañas, eso si co permiso explicito do San Román, xa que desperdiciou varias ocasións para rematalo encontro, o que lle dou ánimos o Lañas, que a pesar de ir perdendo, nunca deixou de loitar e o final chegoulle a recompensa, o empate, en parte gracias os apáticos, estáticos e un pouco durmidos xogadores do San Román, polo que se viu relaxáronse despois da primeira metade, pareceulles que xa non había que facer máis, que o partido estaba sentenciado e no fútbol, iso nunca se pode pensar.
Por outra banda nos últimos intres do encontro, nun contraataque do San Román, Victor tivo unha clara oportunidade pero derribarono na área, no que creo eu que foi un penalti, pero o árbitro non o considerou así, de todas formas o empate foi un xusto resultado. Os goles do San Román foron obra de Victor, Rubén e Moisés.
Para rematar direi que a pesar de todo o San Román plantexará batalla para acadar o título de liga, quizáis non se consiga pero a unidade, o compañeirismo, amizade e valores do San Román xa son un triunfo en comparación os demais equipos, e segundo a miña humilde opinión, debería ser a envexa e o espello donde deberian mirarse a maior parte dos equipos. Animo rapaces, xuntos podemos.
INCIDENCIAS:
Ø Boa afluencia de público.
Ø Maikel xogou uns minutos, que lle axudaran a coller a forma despois de moito tempo no dique seco, xa que ainda reapareceu a semá pasada.
FICHA DO ENCONTRO
Partido: San Román - Lañas
Lugar: San Román
Día: 21-03-09
Arbitro: Salgado
Resultado: 3-3
MARIA J. ESMORÍS VEIRA
3 comentarios:
Grandísima crónica Maryyyyy, sigue así, es unha máskinaaaaa!!!!
gracias, é lo meu único fan, intentarei non defraudarte. Saudiños.
Son María.
ei q eu ainda q non escriba tamen son teu fan eh,es 1 fenomena e moitas gracias x todo,creo q falo en nombre de todos!!!ou non rapazes?????????
Publicar un comentario