FICHA DO ENCONTRO
Fecha: 25-04-09
Campo: Rañobre
Encontro: Rañobre A Viña - San Román
Resultado: 1-0
O sábado produciuse unha nova derrota do San Román, levamos unha mala racha e hai moitos motivos os que se pode deber:
- estamos descentrados,
- o cambio horario afectounos o sistema vital,
- encantanos a festa, isto non é un motivo é unha realidade, xa se sabe que todo o mundo que é de San Román leva a festa no sangue,
pero todo esto son andrómenas, é especular por especular, non sabemos o que pasa, nin como solucionalo porque se o superamos xa lle poñíamos remedio ou, polo menos tentabámolo, pero eso sí non por todo isto vamos deixar de loitar, temos ambición e queremos estar o máis arriba posible.
Por outra banda, supoñemos que en temas amorosos vailles moi pero moi ben os xogadores porque como dí o refrán "desafortunado no xogo, afortunado en amores", non é que antes non lles fora ben, sí que lle ía, dou fe.
Como remate final, só nos queda esperar que a racha de malos resultados cambie, que teñamos sorte, que o próximo sábado gañemos e para eso esperamos a toda a nosa afición no campo para que nos ápoie e ánime.
INCIDENCIAS:
-Pouca afluencia de público, non facía bo día.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario