martes, 1 de diciembre de 2009

A INXUSTIZA DO FÚTBOL


Este encontro foi a proba evidente de cómo o bo xogo non sempre da o resultado esperado, pero a ilusión mantense e as posibilidades tamén xa que aínda queda moita liga.

O partido comezou co dominio do San Román e froito disto chegaron as primeiras oportunidades. Os 15 minutos chegou o gol, pase de Oscar a Santi, galopada dende o centro do campo, regate a un defensa da Ruta, tiro e gol. Gran derroche físico por parte de Santi, claro que se non pode facelo él, quen vai poder? O partido continuou co dominio do San Román pero no minuto 30 marcou a Ruta a placer, xa que a defensa do San Román quedouse mirando a xogada como se non fose con eles, como se estivesen de espectadores, incomprensible para un equipo que aspira a tanto. Gracias a este tanto a Ruta veuse arriba, namentras que o San Román descolocouse e empezouse a ver un partido máis aberto, con ocasións claras para ambos equipos. As máis claras para o San Román foron as protagonizadas por Zeus e Albertiño. Na primeira xogada, Santi pasalle a Zeus despois de facer unha parede con Osc ar, Zeus vaise en velocidade do seu marcador, queda man a man con porteiro e o tiro vaise contra o pau. Na segunda xogada, Santi mete un pase en profundidade a Albertiño que se planta diante da porteria pero o disparo vai directamente os pes do porteiro, e así chegamos o descanso.

A segunda metade comezou con choiva, moita choiva, o que fixo que o terreo de xogo estivera impracticable, propicio para causar lesións serias, e tendo en conta que estes rapaces non viven disto o mínimo que se debería facer e xogar en campos medianamente decentes. Logo desta pequena reinvindicación voltamos o partido. Os 10 minutos de comenzar esta segunda parte batacazo para o San Román, marca a Ruta o que a posteriori sería o 2-1. A partir dese momento o partido converteuse nun monólogo do San Román, ataque tras ataque pero a sólida defensa da Ruta foi coma un muro infranqueable que evitou o empate. Así chegouse o final do partido victoria para a Ruta e tres puntos que voan do casilleiro do San Román, que mereceu máis, moito máis polo xogo despregado, pero xa se sabe que o fútbol non é sempre xusto, é coma a vida unhas veces gañas e outras perdes.



O longo da segunda metade no San Román producironse os seguintes cambios:

CERQUE
VICTOR
CHATONIO
CEPEIRO
CHOLO
CHUTIN


FICHA DO ENCONTRO
Día: 28/11//2009
EncontrO: A Ruta – San Román
Lugar: Campo do Larín
Arbitro: Caamaño
Resultado: 2-1








MARIA ESMORÍS VEIRA

No hay comentarios: