lunes, 4 de enero de 2010

FELIZ AÑO NUEVO



O SAN ROMAN F.C. DESEXAVOS UN FELIZ 2010 !

lunes, 21 de diciembre de 2009

martes, 1 de diciembre de 2009

A INXUSTIZA DO FÚTBOL


Este encontro foi a proba evidente de cómo o bo xogo non sempre da o resultado esperado, pero a ilusión mantense e as posibilidades tamén xa que aínda queda moita liga.

O partido comezou co dominio do San Román e froito disto chegaron as primeiras oportunidades. Os 15 minutos chegou o gol, pase de Oscar a Santi, galopada dende o centro do campo, regate a un defensa da Ruta, tiro e gol. Gran derroche físico por parte de Santi, claro que se non pode facelo él, quen vai poder? O partido continuou co dominio do San Román pero no minuto 30 marcou a Ruta a placer, xa que a defensa do San Román quedouse mirando a xogada como se non fose con eles, como se estivesen de espectadores, incomprensible para un equipo que aspira a tanto. Gracias a este tanto a Ruta veuse arriba, namentras que o San Román descolocouse e empezouse a ver un partido máis aberto, con ocasións claras para ambos equipos. As máis claras para o San Román foron as protagonizadas por Zeus e Albertiño. Na primeira xogada, Santi pasalle a Zeus despois de facer unha parede con Osc ar, Zeus vaise en velocidade do seu marcador, queda man a man con porteiro e o tiro vaise contra o pau. Na segunda xogada, Santi mete un pase en profundidade a Albertiño que se planta diante da porteria pero o disparo vai directamente os pes do porteiro, e así chegamos o descanso.

A segunda metade comezou con choiva, moita choiva, o que fixo que o terreo de xogo estivera impracticable, propicio para causar lesións serias, e tendo en conta que estes rapaces non viven disto o mínimo que se debería facer e xogar en campos medianamente decentes. Logo desta pequena reinvindicación voltamos o partido. Os 10 minutos de comenzar esta segunda parte batacazo para o San Román, marca a Ruta o que a posteriori sería o 2-1. A partir dese momento o partido converteuse nun monólogo do San Román, ataque tras ataque pero a sólida defensa da Ruta foi coma un muro infranqueable que evitou o empate. Así chegouse o final do partido victoria para a Ruta e tres puntos que voan do casilleiro do San Román, que mereceu máis, moito máis polo xogo despregado, pero xa se sabe que o fútbol non é sempre xusto, é coma a vida unhas veces gañas e outras perdes.



O longo da segunda metade no San Román producironse os seguintes cambios:

CERQUE
VICTOR
CHATONIO
CEPEIRO
CHOLO
CHUTIN


FICHA DO ENCONTRO
Día: 28/11//2009
EncontrO: A Ruta – San Román
Lugar: Campo do Larín
Arbitro: Caamaño
Resultado: 2-1








MARIA ESMORÍS VEIRA

lunes, 24 de agosto de 2009

XA CHEGAN A S FESTAS !!!!!!



SABADO 29 :

19:00 - Gran partido de fútbol entre os equipos SÚPER DEPOR (Veteranos) e SELECCIÓN DE SAN ROMÁN

viernes, 24 de julio de 2009

miércoles, 15 de julio de 2009

miércoles, 1 de julio de 2009

martes, 30 de junio de 2009

viernes, 12 de junio de 2009

miércoles, 10 de junio de 2009

jueves, 4 de junio de 2009

lunes, 25 de mayo de 2009

A RACHA PARECE QUE CAMBIA

FICHA DO ENCONTRO
Fecha: 23-05-09
Encontro: Xesta – San Roman
Lugar: San Roman
Resultado: 3-2
Arbitro: Llulo

Este sabado produciuse unha nova victoria do San Roman, xa levamos duas, parece que nos cambia a racha. Foi unha victoria xusta, o San Roman desplegou un bo xogo, tocando ben o balon e presionando o rival, anque esto non quere dicir que fose doado, a Xesta puxo as cousas complicadas, marcou 2 goles e apretou sen realizar un bo xogo pero no futbol, o que contan son os resultados, asi que partido e puntos para nos.

O campo estaba perfecto para a practica do futbol, parecia unha alfombra vermella posta os pes das persoas importantes e distinguidas para que se paseasen por ela, vaia se se pasearon, os xogadores estiveron a altura das circunstancias, sacando o mellor de si para ofrecer un xogo dinamico, axil e vistoso, notouse que os rapaces disfrutaron xogando, como xa fai tempo que no facian.

Os goles foron obra de Juan Marta a pase de Casillero, e dous de Casillero, un foi un tiro dende dentro da area, e outro a pase de Fran, un dos porteiros metido a dianteiro. No San Roman somos polivalentes, os porteiros e centrais tamen valen como dianteiros e o entrenador pasou a xogador e, desde que Juan Marta entrou coma xogador parece que o equipo empeza a despegar outra vez, volven os bos resultados e, sobre todo o bo xogo. Outra cousa a ter en conta e o "tipito" que lle esta quedando, se antes arrasaba agora hipnotiza a todo o xenero feminino, que peligro ten o rapaz, como se nota que e de San Roman.

Esperemos que a proxima xornada sexa tan fructifera coma esta.

INCIDENCIAS:
Falta de varios dos xogadores no San Roman, parece ser que agora que xa non estamos tan arriba a alguns non lles parece importante acudir a xogar, iso demostra o que son. Tamen hai que dicir que hai lesionados, sancionados e algun que ten causa xustificada.
Pouca afluencia de publico, moitos non se enteraron de que se xogaba en San Roman e a metereoloxia tampouco axudou.

ALINEACION: Lekio, Fran, Casillero, Juan Marta, Cerque, Alex, Avelino, Marcelino, Oscar, Jose, Mauricio e Iago.

MARIA J. ESMORIS VEIRA

domingo, 10 de mayo de 2009

lunes, 4 de mayo de 2009

jueves, 30 de abril de 2009

NOVA DERROTA

FICHA DO ENCONTRO
Fecha: 25-04-09
Campo: Rañobre
Encontro: Rañobre A Viña - San Román
Resultado: 1-0

O sábado produciuse unha nova derrota do San Román, levamos unha mala racha e hai moitos motivos os que se pode deber:
- estamos descentrados,
- o cambio horario afectounos o sistema vital,
- encantanos a festa, isto non é un motivo é unha realidade, xa se sabe que todo o mundo que é de San Román leva a festa no sangue,

pero todo esto son andrómenas, é especular por especular, non sabemos o que pasa, nin como solucionalo porque se o superamos xa lle poñíamos remedio ou, polo menos tentabámolo, pero eso sí non por todo isto vamos deixar de loitar, temos ambición e queremos estar o máis arriba posible.

Por outra banda, supoñemos que en temas amorosos vailles moi pero moi ben os xogadores porque como dí o refrán "desafortunado no xogo, afortunado en amores", non é que antes non lles fora ben, sí que lle ía, dou fe.

Como remate final, só nos queda esperar que a racha de malos resultados cambie, que teñamos sorte, que o próximo sábado gañemos e para eso esperamos a toda a nosa afición no campo para que nos ápoie e ánime.

INCIDENCIAS:
-Pouca afluencia de público, non facía bo día.

lunes, 20 de abril de 2009

RACHA DE RESULTADOS , CONCLUSIONS?

PRROXIMO PARTIDO

XOGAREMOS NA CAHADA CONTRA O RAÑOBRE AS 16.30 . A PRIORI DEBERIAMOS GANAR, PEROOOOOOO SEMPRE HAI Q SAIR A TOPE SEN DAR NINGUNHA OPCION. ASI Q ANIMO E A MALLALOS COMA O CENTEO XD!

Resultados e Proxima xornada